Sobre a Sariña
A que sae na foto son eu, A Sariña! Son a persoa que está detrás de todo esto.
Este proxecto nace da necesidade de ofrecer unha alternativa téxtil ética e
sostible a nosa comunidade. Todos os produtos que atoparás por aquí, son fabricados
de forma artesanal, nun pequeno obradoiro de costura en Galicia.
A Sariña está chea de novedades cada día! Moitos dos artículos que ves, son únicos! Apostamos pola sostibilidade, por iso, non atoparás moita cantidade de produtos iguais nesta tenda. A maioría de telas son retais e muestrarios de fábricas, polo que os estampados dos nosos produtos cambian continuamente.
Apoiamos ao comercio local, mercando os materiais que empregamos nas súas tendas.
Este proxecto ten sentido sempre que vaia da man da sostibilidade, por iso traballo cada día para conseguir que a marca sexa o máis respetuosa posible co planeta
e coas persoas que vivimos nel.
A Sariña nace para persoas que lle dan valor ao feito á man, á comunidade e a sostibilidade.
Se te sintes identificadx con isto, estás no teu sitio.
Valores da marca
-
Comercio local
Apoiamos ao comercio de proximidade mercando a maioría dos nosos materiais nas súas tendas.
-
Calidade
Traballamos co coidado e a delicadeza do feito a man, creando produtos de calidade e durabilidade.
-
Sostibilidade
Apostamos pola sostibilidade, traballando con retais, muestrarios de fábricas, texidos fabricados en España ou creando produtos que permitan a súa reutilización.